Conversas sobre deseño
Un espazo de conversa onde deseñadoras e deseñadores presentan as súas carreiras e as súas metodoloxı́as de traballo. Un espazo para mostrar o «pico e pala» detrás dun produto final
deseñador industrial
deseñador industrial
deseñadora e ceramista
arquitectura e paisaxe
deseñador industrial
Cofundador do coñecido estudio Map e socio de Pentagram dende 2018, ten traballado con grandes marcas como Google, IBM ou UEFA; e con pequenas start-ups, como Ambessa ou Yoto.
O seu deseño busca o balance entre a funcionalidade e a sinxeleza, sobre unha base de sustentabilidade.
Ten múltiples premios internacionais como o IDSA, o D&AD e o Pentawards.
deseñador industrial
Dende coleccións de porcelana para a xaponesa Arita, mesas e lámparas para Hermès, ou tendas para Camper, en todos os casos aplica unha limpeza de formas e un respecto profundo ás características do material.
deseñadora e ceramista
Veciña de Nigrán, onde asistiu de nena ás clases de cerámica da escola municipal, estudou Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, formándose e exercendo coma tal en Nova York, Londres e París.
En 2015 monta o seu propio estudio de cerámica onde aplica nas súas creacións metodoloxías e procesos de deseño propios de seu pasado como enxeñeira.
Paula ten un Premio Nacional de Artesanía e colabora con marcas e firmas mentres mantén a súa propia liña artística a través das súas coleccións.
arquitectura e paisaxe
Os proxectos de Estar destacan pola súa variedade de escalas, dende o territorio ata o detalle construtivo, cun enorme respecto polo existente e pola sustentabilidade nos seus conceptos máis amplos.
Estar conta tamén con actividade docente e investigadora, con proxectos en Galicia, Suíza, Dinamarca e Panamá.